Novas ficha BASEMAQ sobre Prensa embaladora01-10-2025 - INSSTO INSST publicou dúas novas fichas sobre “Prensa embaladora” -048. Apertura descontrolada de portas. Impacto e 049. Cámara de compactación accesible. Atrapamento. Proxección-, no Portal de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas e orientado a ofrecer información útil dende o punto de vista da prevención de riscos laborais que facilite a definición das medidas preventivas adecuadas. | ![]() |
|---|
Con este fin, para cada situación de traballo descrita proporciónase información sobre os perigos/situacións perigosas que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos mesmos e as medidas preventivas.
Así mesmo as persoas traballadoras deberán recibir unha formación e información adecuadas sobre os riscos derivados da utilización da máquina, así como sobre as medidas de prevención e protección que haxan de adoptarse, tendo en conta de forma prioritaria o cumprimento do manual de instrucións ou de uso da devandita máquina.
Ligazón á ficha 048. Prensa embaladora. Apertura descontrolada de portas. Impacto.
Ligazón á ficha 049. Prensa embaladora. Cámara de compactación accesible. Atrapamento. Proxección.
Ligazón á base de datos con todas as fichas BASEMAQ