Nova ferramenta OiRA: Non ao acoso laboral18-09-2025 - EU-OSHAEsta nova ferramenta OIRA orienta ás empresas na elaboración de plans de acción sólidos contra o acoso, axudando a definir comportamentos inaceptables, abordar as causas subxacentes e os riscos, estabelecer procedementos seguros de denuncia e implicar activamente ao persoal no proceso. | ![]() |
|---|
No traballo non hai lugar para o acoso. Dana a saúde mental das persoas, perturba a dinámica do equipo, aumenta o absentismo e diminúe a produtividade.
Con OiRA, a nova ferramenta de avaliación de riscos interactiva en liña, as empresas poden adoptar medidas prácticas para crear contornas de traballo sen acoso.
Trátase dunha ferramenta gratuíta e fácil de utilizar, que axuda a integrar a prevención na práctica cotiá e, por tanto, propicia unhas contornas de traballo máis seguras, saudables e respectuosas para todas as persoas.
Ligazón á nova ferramenta OIRA