Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova ferramenta OIRA para oficinas

28-09-2026 - EU-OSHA

Contar con postos de traballo ben deseñados e con cargas de traballo equilibradas son requisitos previos para un traballo produtivo e saudable. Para contribuír a que estas actividades formen parte da práctica cotiá das oficinas, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo pon a disposición unha nova ferramenta de avaliación de riscos interactiva en liña (OiRA) especificamente para as oficinas.

Esta ferramenta guía ás empresas a través dunha avaliación paso a paso da súa contorna de traballo, axudándoas a identificar posibles riscos para a seguridade e a saúde no traballo e a poñer en marcha medidas de prevención eficaces.

Abarca unha ampla gama de ámbitos, dende a ergonomía dos postos de traballo, a iluminación e a ventilación, ata a organización do traballo e os riscos psicosociais. Ademais, axuda ás organizacións para abordar e previr o acoso e a violencia no lugar de traballo.

A participación das persoas traballadoras no proceso contribúe a garantir que a avaliación reflicta as condicións de traballo reais e favoreza unha prevención eficaz.

Ligazón á nova ferramenta OiRA para as oficinas

Ligazón ao titorial para ver OiRA

Ligazón á nova na páxina web da EU-OSHA

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS