Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo en… tecnoestrés

24-04-2025 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Na súa nova película, Napo sofre tecnoestrés no traballo. sente atafegado polas novas tecnoloxías, ansioso pola necesidade de estar constantemente conectado e esgotado pola cantidade de información que recibe. Para tentar evitalo, Napo destaca algunhas medidas para que os lugares de traballo adopten a dixitalización sen comprometer a saúde do seu persoal.

Cando os lugares de traballo adoptan novas tecnoloxías e ferramentas de traballo dixitais, a consulta e a formación temperás das persoas traballadoras son esenciais para previr o tecnoestrés.

Este vídeo de Napo mostra factores estresantes simultáneos típicos, como videoconferencias, chamadas e chats paralelos, e o uso de software e hardware modernos. Conciencia sobre a importancia da participación temperá, a formación adaptada ás necesidades e a consideración das experiencias das persoas traballadoras ao introducir novas tecnoloxías. O vídeo demostra como as organizacións poden minimizar o estrés e crear unha contorna de traballo produtiva e baseada na tecnoloxía.

Ligazón á película Napo en... tecnoestrés.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS