Napo en... violencia no traballo12-12-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoSe traballas en contacto directo con clientes, pacientes ou cara ao público podes correr o risco de sufrir agresións verbais ou físicas, o que pode afectar gravemente á seguridade e saúde. Nesta nova película, Napo e os seus colegas asumen o papel de quen traballa nos aparcamentos, a hostalería, a condución de autobuses ou a sanidade para destacar algunhas destas situacións violentas. |
|---|
A violencia no ámbito laboral pode consistir en abusos por parte de terceiras persoas, incluídas clientes, pacientes, usuarias de servizos ou estudantes, cara a unha persoa traballadora. Pode provocar danos físicos, abusos verbais graves e/o continuados, ou ameazas que poden afectar gravemente á saúde de quen traballa. A violencia no traballo pode causar lesións, estrés e trastornos mentais, discapacidade ou morte.
As medidas de prevención organizativas, técnicas e persoais son esenciais para protexer a seguridade e a saúde das persoas cuxo traballo conleva unha exposición a comportamentos violentos e abusivos. Esta película de Napo pretende sensibilizar sobre a importancia de protexer á poboación traballadora da violencia aplicando as medidas preventivas necesarias, de tipo técnico, organizativo e individual.
Ligazón á nova película Napo en... violencia no traballo