Protección da saúde mental das persoas agricultoras09-01-2025 - EU-OSHANeste informe da EU-OSHA analízase como afecta a exposición aos riscos psicosociais a quen traballa na agricultura e en explotacións agrícolas. A investigación e as entrevistas coas partes interesadas do sector poñen de relevo riscos como a elevada carga de traballo, o illamento social, os factores demográficos e o aumento das cargas administrativas a medida que a agricultura se transforma. |
|---|
A metade dos agricultores e as agricultoras e do persoal agrario da UE soportan elevadas cargas de traballo e longas xornadas que superan regularmente as 48 horas semanais. A miúdo, traballan en zonas rurais illadas e enfróntanse á necesidade de dispoñibilidade constante sen ter tempo libre. Estes e outros factores de risco psicosociais poden dar lugar a altas taxas de estrés, ansiedade e depresión. Estatisticamente, neste sector rexístranse taxas de suicidio máis elevadas que noutras ocupacións.
O novo informe da EU-OSHA analiza como a exposición a riscos psicosociais afecta ás e os agricultores e ao persoal agrícola, esboza iniciativas para protexer a súa saúde mental e aumentar a concienciación sobre este tema no sector.
Ligazón ao informe “A saúde mental na agricultura: prevención e xestión dos riscos psicosociais para quen traballa na agricultura”
Ligazón ao resumo “A saúde mental na agricultura: prevención e xestión dos riscos psicosociais para quen traballa na agricultura”
Más información sobre o tema na sección: Riscos psicosociais e saúde mental no traballo-EU-OSHA