Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Prevención de riscos na extracción de recursos específicos

08-09-2026 - ISSGA

Este documento do ISSGA ofrece orientacións prácticas sobre a extracción de percebe e outros recursos específicos, así como sobre o traballo a bordo das embarcacións, os equipos de protección individual e as técnicas de mergullo, tanto con subministración de aire dende a superficie como en apnea. Tamén recolle os principais riscos asociados a estas actividades e medidas preventivas para reducir a súa exposición.

A publicación complétase con recomendacións básicas de primeiros auxilios e unha selección da lexislación aplicable, configurándose como unha ferramenta de apoio e  consulta para facilitar a realización destas actividades en condicións máis seguras.

Ligazón ao documento Prevención de riscos na extracción de recursos específicos. ISSGA 2026

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS