Nova ferramenta electrónica: avaliar e xestionar os riscos das substancias perigosas29-05-2018 - EU-OSHAA Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición, dentro da campaña "Traballos saúdables. Alerta fronte a substancias perigosas", unha ferramenta electrónica sobre substancias e produtos químicos perigosos, coa intención de proporcionar ás empresas información e asesoramento que permitan avaliar e xestionar os riscos relacionados coa seguridade e a saúde. |
|---|
Dirixida a pequenas e medianas empresas así como a empresas sen coñecemento específico de substancias perigosas, esta guía interactiva proporciona información sobre riscos, etiquetaxe, lexislación, medidas de prevención, etc. Con base nun cuestionario, xera un informe adaptado a cada situación individual sobre o manexo de substancias perigosas, que inclúe recomendacións para a mellora no tratamento destas substancias.
Polo momento a ferramenta está dispoñible en inglés, á espera da implementación das versións noutras linguas prevista para os vindeiros meses.