Límites de exposición profesional para axentes químicos 202625-03-2026 - INSSTO documento dos Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos en España recolle os valores adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para o ano 2026 que foron aprobados, con data 30 de xaneiro de 2026, pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo. Adicionalmente, preséntase a listaxe de axentes químicos que se atopan na actualidade en estudo para o cambio ou incorporación do Valor Límite Ambiental ou Valor Límite Biolóxico. Así mesmo, actualizouse a aplicación Límites de Exposición Profesional. | ![]() |
|---|
Ligazón aos Límites de exposición profesional para axentes químicos 2026
Ligazón á Aplicación Límites de Exposición Profesional (BDLEP)
Ligazón aos Axentes químicos en estudo para o Documento LEP 2027
VALORES LÍMITE AMBIENTAIS
Actualizacións correspondentes á táboa 1:
Actualizouse o VLA correspondente aos seguintes axentes:
-Amianto.
-Benceno.
-Cianuro de vinilo.
-Monóxido de nitróxeno e dióxido de nitróxeno para os sectores da minería subterránea e a construción de túneles.
Retírase a entrada correspondente ao 1,2,3-tricloropropano porque, tendo en conta a evidencia científica actualmente dispoñible, o valor estabelecido necesita actualización.
Actualizacións correspondentes á táboa 2:
Inclúese unha actualización do VLA para os seguintes axentes:
-Diisocianatos.
-Etilbenceno.
-Formamida.
-Chumbo.
Incorporáronse as modificacións establecidas na Directiva (UE) 869/2024 que modifica os valores límite do chumbo e estabelece un valor límite vinculante para os diisocianatos e a Directiva (UE) 2023/2668 pola que se modifica a Directiva 2009/148/CE sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto durante o traballo.
Ademais, actualizáronse as clasificacións dos axentes químicos incluídos na Directiva 197/2024 e a Directiva 2564/2025 que modifican o Regulamento CLP.
VALORES LÍMITE BIOLÓXICOS
-Na Táboa 3 actualizouse o valor límite biolóxico do benceno.
-Incluíuse na Táboa 4 o valor límite biolóxico, con entrada en vigor nos próximos anos, para o chumbo e o etilbenceno.
OUTROS CAPÍTULOS E ANEXOS
-Actualizouse o capítulo 7
-Incluíuse a nota n.
Durante o tempo que estes axentes estean en estudo, serán benvidas as observacións e toda a información que nos poida ser de utilidade á hora de establecer un valor límite ambiental ou biolóxico.
Ligazón ao espazo web Límites de exposición profesional para axentes químicos. INSST