Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Investigación de accidentes de traballo

12-02-2026 - INVASSAT

O manual de Investigación de accidentes de traballo do INVASSAT ofrece unha visión completa e práctica sobre a investigación de accidentes de traballo como ferramenta preventiva. Parte do marco legal estabelecido pola LPRL e normativa complementaria, destacando a obriga empresarial de investigar calquera dano para a saúde no traballo e a importancia de integrar os achados na xestión preventiva. Define o accidente de traballo, as súas causas multicausales -materiais, humanas, organizativas e ambientais- e subliña o impacto humano e económico derivado da sinistralidade.

Tamén expón os principais indicadores estatísticos, así como os sistemas oficiais de notificación como DELT@. O documento detalla o proceso metodolóxico de investigación e describe o contido mínimo do informe de investigación, incluíndo datos do suceso, análise causal e propostas preventivas.

O manual presenta varios métodos de análises, como a árbore de causas, a árbore de fallos, o método SCRA, o diagrama de Ishikawa, e a análise da cadea causal, explicando a súa aplicación e utilidade. Finalmente, incorpora un caso práctico sobre unha deflagración nunha obra, exemplificando a reconstrución de feitos e a identificación de causas para a mellora preventiva.

Ligazón ao manual Investigación de accidentes de traballo. INVASSAT 2026

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS