Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Guía de actuación para a implantación de comportamentos seguros e saudables, xeradores de cultura preventiva e de excelencia

26-02-2021 - INSST

O obxecto principal desta Guía é poñer ao dispor do lector un itinerario de axuda que, independentemente do seu nivel, experiencia ou crenza en Cultura Preventiva, o seu uso e seguimento, consiga na organización e nas persoas traballadoras que o poñan en práctica: o compromiso coa Seguridade, a promoción da Saúde e o crecemento profesional, obtendo como resultado esperado, un avance significativo no benestar das persoas e na excelencia da compañía como xeradora de servizos e produtos á sociedade.

É unha Guía que nos axuda a crear conciencia do risco e as súas consecuencias, novas condutas seguras e saudables, actitudes responsables ante o procedemento de traballo, respecto por protexer a vida propia e a do compañeiro/a, propósito por conservar o lugar e contorna de traballo, dende o Compromiso e a Participación de todos os implicados.

 Aínda que, o nivel de éxito, consecuencia de utilizar este percorrido, dependerá do nivel de Cultura Preventiva do que parta a nosa empresa, da capacidade económica para corrixir escenarios de perigo e mellorar as instalacións, procesos, etc. e da capacidade operativa para emprender de forma eficiente cada un dos fitos marcados no itinerario.

Ligazón ao documento técnico: Guía de actuación para a implantación de comportamentos seguros e saudables, xeradores de cultura preventiva e de excelencia

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS