Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Estudo de campo para a comprobación das condicións de seguridade durante a utilización da maquinaria agrícola. Abonadoras centrífugas.

31-08-2018 - INSSBT

O obxectivo final do estudo de campo é a comprobación das condicións de seguridade durante a utilización da maquinaria agrícola.

Para iso, deseñouse unha metodoloxía que permitise a recompilación e análise da información sobre as condicións de seguridade durante a utilización de maquinaria agrícola, a través da consecución dos seguintes obxectivos parciais:

Deseño e posta en práctica dunha metodoloxía estatística a partir dos datos dispoñibles no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Análise de dos datos de accidentes do sistema DELT@ e outras fontes de información con vistas á selección das categorías de máquina.

Deseño e validación de fichas de comprobación (cuestionarios) para categorías de máquinas específicas.

Establecer e poñer en práctica mecanismos de cooperación entre institucións  para  intercambio  de información e experiencia, así como a posta en común dos seus recursos propios para a  ejecución do estudo.

Inclúese un cuestionario (identificación, condicións de mantemento e regulación, requisitos de seguridade e requisitos de inspección en uso) e unha guía para facilitar a aplicación correcta do cuestionario.

Os requisitos de seguridade están baseados na Directiva de Máquinas 2006/42/CE e na norma UNE-EN 14017:2006+A2:2009. A metodoloxía empregada pode ser aplicada para comprobar as condicións de seguridade doutras máquinas agrícolas en uso.

Ligazón ao documento técnico: "Estudo de campo para a comprobación das condicións de seguridade durante a utilización da maquinaria agrícola. Abonadoras centrífugas".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS