Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais

22-07-2020 - INSST-ISSGA

Este informe técnico recolle as medidas de control sobre as condicións de seguridade das operacións de montaxe e desmontaxe de escenarios de espectáculos ao aire libre así como o asesoramento documental da actividade preventiva.

O Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia (ISSGA) participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, que contou coa participación do resto de comunidades autónomas, así como do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST). Este grupo encargouse de establecer criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.

A colaboración entre as Administracións levou a intercambiar experiencias sobre a xestión da prevención de riscos laborais na actividade de montaxe de espectáculos públicos temporais conseguindo alcanzar un criterio técnico homoxéneo a nivel estatal que facilite a xestión preventiva neste tipo de actividades.

As conclusións do grupo de traballo plasmáronse na publicación dun informe que recolle as medidas de control sobre as condicións de seguridade das operacións de montaxe e desmonte de escenarios de espectáculos ao aire libre así como o asesoramento documental da actividade preventiva.

Ligazón ao documento "Criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais"

Este informe únese aos documentos publicados polo ISSGA co obxectivo de mellorar as condicións de traballo nesta actividade:

Tríptico: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Risco de exposición a ruído en eventos e espectáculos

Cartel: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Risco de exposición a ruído en eventos e espectáculos.

Cartel: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas

Tríptico: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas.

Tríptico: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Coordinación de actividades

Cartel: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Coordinación de actividades

Folla de prevención nº 47 - Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS