Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Conclusións de expertos para un mantemento seguro e preventivo

09-11-2012 - SEGURIDADE

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) coordina dende o ano 2000, con carácter anual ou bienal, unha serie de campañas europeas, nas que participan máis de 30 países, que se converteron nunha das maiores actividades de sensibilización a nivel europeo.

A campaña realizada durante o ano 2010-2011 “Traballos Saludables” promoveu o mantemento seguro e preventivo. Moitas das actividades da campaña concentráronse na Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo 2011.

O INSHT, como Centro de Referencia en España da Axencia Europea, organizou unha xornada técnica e dous talleres complementarios nos que participaron expertos e representantes das principais organizacións e asociacións vinculadas ao mantemento, así como axentes sociais, técnicos e representantes das administracións públicas.

O obxectivo principal era propiciar un lugar de encontro e de debate entre os distintos sectores implicados, para sensibilizar acerca da necesidade de levar a cabo as actividades de mantemento nas empresas en condicións de seguridade, e para difundir e impulsar as boas prácticas neste ámbito.

As conclusións destes encontros preséntanse no seguinte documento que inclúe as achegas e solucións para un mantemento seguro que contribúan a diminuír a sinestralidade dos sectores.

. Solucións para un mantemento seguro e preventivo (Campaña europea 2010-2011)

. Campañas da Semana Europea

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS