Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Axentes Canceríxenos no Traballo: Coñecer para Previr

07-06-2022 - INSST

A colección Axentes Canceríxenos no Traballo: Coñecer para Previr está formada por unha serie de folletos monográficos dos axentes químicos canceríxenos que se poden atopar de forma máis habitual nos lugares de traballo. Para cada un destes axentes o INSST elaborou tamén un cartel informativo dirixido aos traballadores e traballadoras que están ou poden estar expostos a eses axentes no seu traballo.

Para cada un dos axentes pódese atopar información sobre onde se pode dar a exposición a ese axente, que riscos pode producir para a saúde ou cales son as principais medidas preventivas e de control.

Este material constitúe unha ferramenta de gran utilidade para identificar, avaliar e controlar o risco por exposición aos axentes canceríxenos que poden estar presentes nunha contorna laboral ou aos procedementos que os xeran, relacionados no anexo I do Real Decreto 665/1997.

Ligazón á colección Axentes Canceríxenos no Traballo: Coñecer para Previr

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS