Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Límites de exposición profesional para axentes químicos 2018

20-02-2018 - INSSBT

Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo para o ano 2018. A constitución polo INSSBT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional.

A transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico español mediante o Real Decreto 374/2001, que derroga os límites de exposición do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP) e considera os publicados polo INSSBT como os valores de referencia apropiados para os axentes químicos que carezan de valores límite regulamentarios, constitúe, de feito, un mandato ao Instituto para continuar con este labor, actualizando periodicamente os seus límites para mantelos adaptados ao progreso científico e técnico.

Pola súa parte, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo aprobou, en xullo de 1997, a creación dun grupo de traballo para, entre outras cuestións, "estudar os documentos que sobre valores límite e a súa aplicación nos lugares de traballo elabore o INSSBT". Como resultado das súas propostas, a Comisión, na reunión plenaria celebrada o 16 de decembro de 1998, acordou unanimemente recomendar:

En consecuencia, mediante a publicación deste documento, que foi aprobado pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo cumpre coas súas funcións en materia de estudo e divulgación, á vez que atende, as recomendacións da Comisión.

Este ano preséntase a decimoitava edición, á que podes acceder dende a seguinte ligazón: 

Límites de exposición profesional para axentes químicos 2018

As actualizacións e modificacións da publicación recóllense nas súas primeiras páxinas dentro das apartado Novidades, sendo posteriormente desenvolvidas ao longo do Documento nas táboas ou apartados correspondentes.

Engádese unha listaxe de Axentes químicos en estudo para o ano 2019 para o cambio ou incorporación do Valor límite Ambiental ou Valore límite Biolóxico.

Actualizouse a Aplicación " LEP" coas modificacións que se mencionan e, ampliouse, dentro da aplicación, a documentación correspondente á información toxicolóxica que serve para establecer os límites de exposición profesional para os axentes químicos DLEP.

Toda esta información pode ser ampliada na sección, da Web do INSSBT, Límites de exposición profesional para axentes químicos onde se agrupa toda a información relativa aos límites de exposición profesional tanto ambientais como biolóxicos, para axentes químicos, co obxecto de facilitar o cumprimento do Real Decreto 374/2001 establece a obrigación do empresario de avaliar, entre outros, os riscos derivados da exposición por inhalación a un axente químico perigoso e restante lexislación aplicable.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS