Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Traballar cos robots: identificar novos riscos de SST coa axuda de investigacións científicas

21-12-2018 - TNO, Organización Holandesa para a investigación científica aplicada

TNO publicou dous informes que exploran novos riscos para a seguridade e saúde no traballo relacionados co uso da robótica. Dado o feito de que os robots industriais están a integrarse cada vez máis en moitos sectores de traballo, ambos os informes analizan as directivas de maquinaria e a lexislación na procura de novos enfoques e medidas de control para controlar eses riscos.

O tema das publicacións presenta paralelismos co último estudo Foresight de  EU-OSHA sobre os riscos novos e emerxentes de SST asociados coa dixitalización para o ano 2025.  Ligazón ao estudo.

Ligazón  aos informes completos:

Requisitos esenciais de H&S para máquinas industriais equipadas con aprendizaxe automática. (Essential H&S requirements for industrial machines equipped with machine learning)

Risco emerxente para a seguridade no lugar de traballo como resultado do uso de robots no lugar de traballo. (Emergent risk to workplace safety as a result of the use of robots in the work place).

Maís información sobre os proxectos da Organización Holandesa para a investigación científica aplicada, TNO

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS