Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Traballadores saudables, empresas prósperas: unha guía práctica para o benestar no traballo

11-12-2018 - AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO

Esta guía presenta un enfoque práctico para previr e xestionar os riscos psicosociais relacionados co traballo e os trastornos musculoesqueléticos, que son as principais causas da mala saúde relacionada co traballo segundo a poboación traballadora europea.

Adaptada ás necesidades das micro e pequenas empresas, a guía suxire un proceso sinxelo de cinco pasos para mellorar a contorna laboral para abordar estes problemas. Aínda que está dirixido principalmente a empresarios/as e xerentes, tamén é de interese para os traballadores/as e os seus representantes, así como para os profesionais da saúde e a seguridade no traballo.

A guía proporciona explicacións simples e presenta unha selección de exercicios que poden usarse para crear melloras significativas e duradeiras, en beneficio da poboación traballadora e as empresas.

Ligazón á guía “Traballadores saudables, empresas prósperas: unha guía práctica para o benestar no traballo” (en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS