Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Seguridade e saúde no traballo con nanomateriais - Poster técnico-

24-07-2015 - INSHT

No marco da XXXV Bienal de la Real Sociedad Española de Química, o INSHT presentou o poster técnico Seguridade e Saúde no traballo con nanomateriais. O prantexamento que propón o INSHT para a avaliación de riscos no traballo con nanomateriais é similar ao que se emprega nos casos de exposición a axentes químicos. As actuacións preventivas tenderán a eliminar a exposición e de non ser posible, a reducila ao nivel máis baixo posible tendo en conta a lexislación laboral e as orientacións proporcionadas por institucións de recoñecido prestixio.

Tendo en consideración a incertidume actual sobre os efectos dos nanomateriais na saúde, resulta de vital importancia recoller a máxima información posible sobre os materiais, os procesos implicados e os traballadores expostos, así como complementar e avaliar as medidas de control cunha vixilancia periódica da saúde dos traballadores que detecte calquera efecto adverso que se puidera presentar.

Ligazón ao Poster técnico "Seguridade e saúde no traballo con nanomateriais"

Ligazón ao documento elaborado polo INSHT "Seguridade e saúde no traballo con nanomateriais"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS