Financiado por:
/ Recursos Técnicos

SUBSPORT, portal europeo para a susbtitución de sustancias tóxicas

31-05-2012 - Hixiene

O obxectivo do proxecto SUBSPORT é desenvolver un portal de internet, que constitúa un recurso tecnolóxico avanzado, sobre alternativas máis seguras para o uso de sustancias químicas perigosas. Ademais dunha fonte de información sobre as sustancias e tecnoloxías alternativas, tamén proporciona ferramentas e orientación para a avaliación de alternativas e a xestión da substitución.

O portal está destinado a facilitar ás empresas o cumprimento dos requisitos de substitución da lexislación da UE, como os especificados no procedemento de autorización de REACH, o Directiva Marco de Augas ou a Directiva de axentes químicos. Ademais, outras partes interesadas como autoridades, traballadores, organizacións ecoloxistas e de consumidores, así como as institucións científicas, poderán beneficiaranse do portal.

Por outra banda, o proxecto pretende crear unha rede de expertos e partes interesadas activos no campo da substitución. A rede debería axudar no desenvolvemento de contidos e a promoción do portal, así como garantir a súa actualización e mantemento. Isto contribuirá ao obxectivo do proxecto de sensibilización e promoción de alternativas máis seguras. Por outra banda, proporcionará formación sobre a metodoloxía de substitución e a avaliación de alternativas.

Ligazón ao Portal SUBSPORT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS