Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Riscos laborais durante as operacións de reparación e mantemento en seco de buques de pesca

30-08-2018 - INSSBT

A maioría dos barcos de pesca sométense a traballos anuais de mantemento e reparación en varaderos ou estaleiros onde os traballadores expóñense a numerosos riscos: exposición a temperaturas extremas, caídas de persoas ao mesmo e a distinto nivel, caída ou esborralle das embarcacións, incendios, proxección de fragmentos ou partículas, atropelos polo uso de carretillas elevadoras, riscos por exposición a axentes físicos ou por exposición a axentes químicos entre outros.

A maioría dos barcos de pesca sométense a traballos anuais de mantemento e reparación en varaderos ou estaleiros onde os traballadores expóñense a numerosos riscos: exposición a temperaturas extremas, caídas de persoas ao mesmo e a distinto nivel, caída ou esborralle das embarcacións, incendios, proxección de fragmentos ou partículas, atropelos polo uso de carretillas elevadoras, riscos por exposición a axentes físicos (radiacións en tarefas de soldadura, vibracións mano-brazo, iluminación inadecuada, etc.) ou por exposición a axentes químicos (pos orixinados durante a limpeza con chorro de area, exposición a fibras minerais e de amianto, vapores de pinturas, disolventes, etc.), entre outros.

É difícil obter datos fiables sobre a sinistralidade neste tipo de tarefas, xa que a casuística que se pode dar nas reparacións das embarcacións pesqueiras é moi variada: pode ser reparada pola propia tripulación da embarcacións durante as correspondentes paradas biolóxicas, ou ben se pode contratar a empresas especialistas, que son de diferentes sectores, principalmente do metal e a madeira, o que fai practicamente imposible obter un código de actividade único para poder obter datos fiables de sinistralidade, tal e como é posible noutros sectores, como a pesca ou a acuicultura.

Ligazón ao Documento Técnico: "Riscos laborais durante as operacións de reparación e mantemento en seco de buques de pesca"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS