Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Riscos laborais dos traballadores/as de plataformas en liña

22-11-2017 - EU-OSHA

Na economía dixitalizada, as plataformas en liña xogan un papel crucial. Estas plataformas - sitios web que constitúen prazas públicas dixitais ou mercados - afectan ao proceso económico en varias formas: produción (en termos de produtos ou servizos) e organización da entrega / provisión. O traballo en plataformas en liña caracterízase pola ampla variedade de acordos de traballo: traballo ocasional, traballo por conta propia economicamente dependente, traballo arreo, o traballo na casa e traballo colaborativo. Este informe describe os riscos en materia de SST que poden resultar do traballo en plataformas en liña, debate os retos que a economía en liña supón para os enfoques normativos actuais en materia de SST e ofrece exemplos de políticas e esforzos normativos que existen ou están a ser desenvolvidos para abordar estes retos e riscos.

Ligazón ao informe "Protexer aos traballadores/as da economía de plataforma en liña: Unha visión xeral das regulacións e a evolución das políticas na UE" (texto en inglés)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS