Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde na utilización de maquinaria

16-03-2012 - OIT

Este repertorio de recomendacións prácticas pretende proporcionar orientación sobre seguridade e saúde na utilización da maquinaria no lugar de traballo. Entre o 29 de novembro e o 7 de decembro de 2011, celebrouse en Xenebra unha reunión de expertos que tratou sobre seguridade na utilización da maquinaria; de ahí xurdiu un repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde na utilización da maquinaria.

A seguridade dos traballadores debe abordarse en todas as etapas da vida útil da maquinaria, desde o deseño até a súa retirada do servizo. No presente repertorio inclúense recomendacións e requisitos relativos ás obrigacións, responsabilidades e dereitos das autoridades competentes, os deseñadores, os fabricantes, os provedores, os empleadores e os traballadores. Así mesmo, establécense requisitos técnicos e información sobre a protección dos traballadores contra os perigos, as avaliacións dos riscos e as características dos resguardos e dispositivos protectores, así como os requisitos de seguridade para diferentes tipos de maquinaria.

O obxectivo deste repertorio é protexer aos traballadores dos perigos da maquinaria e previr accidentes e incidentes derivados do seu uso no traballo, e con tal fin proporciónanse directrices para o seguinte: asegurarse de que toda a maquinaria para uso no traballo estea deseñada e fabricada de acordo cos requisitos de seguridade; asegurarse de que os empleadores dispoñan dun medio para obter dos seus provedores a información sobre seguridade da maquinaria que lles permita aplicar medidas eficaces de protección dos traballadores; e asegurarse de que se aplican as medidas de seguridade apropiadas no lugar de traballo co fin de reducir ao mínimo os riscos que pode entrañar a utilización da maquinaria.

O presente repertorio é aplicable a calquera actividade laboral na que se faga uso de maquinaria. Así mesmo, é aplicable a todas as etapas do ciclo de vida útil da maquinaria empregada en lugares de traballo, xa sexa de segunda man, reconstruída ou reasignada.

Ligazón ao Repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde na utilización da maquinaria.

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS