Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Repertorio de fontes de información públicas: Seguridade e saúde no traballo

23-01-2020 - INSST

O “Repertorio de Fontes de Información Públicas en Seguridade e Saúde no Traballo”, recompila fontes de información (bases de datos, enquisas e rexistros estatísticos) creadas ou custodiadas pola Administración Xeral do Estado, fundamentalmente polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

En materia de seguridade e saúde no traballo, a limitación fundamental na creación dun Sistema de Información é a dispersión existente entre as posibles fontes produtoras de datos.

O primeiro Plan de Acción, derivado da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, establece como liña de traballo (2 F.1) o “mellorar a coordinación das actividades desenvoltas polas Administracións Públicas en materia de recompilación, análise e difusión de información en prevención de riscos laborais e as de estudo e investigación na devandita materia, configurando un sistema de información de calidade en materia de seguridade e saúde no traballo”.

En resposta a esta liña de traballo proposta, elaborouse o “Repertorio de Fuentes de Información Públicas en Seguridade e Saúde no Traballo”, que recompila fontes de información (bases de datos, enquisas e rexistros estatísticos) creadas ou custodiadas pola Administración Xeral do Estado, fundamentalmente polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Ligazón ao Repertorio de fontes de información públicas: Seguridade e saúde no traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS