Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novidades MTA: Determinación de diisocianato de 2,6-tolueno en aire

21-03-2024 - INSST

Este método describe o procedemento para a determinación de diisocianato de 2,6-tolueno en aire, mediante a técnica de captación en filtro impregnado de 1-(2-piridil) piperazina/cromatografía líquida de alta resolución. Este método de toma de mostra e análise desenvolveuse para determinar a concentración media ponderada no tempo de 2,6-TDI no aire, en toma de mostras persoais e en lugares fixos. Por iso, pode ser utilizado para realizar medicións para comparar cos valores límite de exposición profesional e medicións periódicas.

MTA/MA–067/A24 Determinación de diisocianato de 2,6-tolueno en aire - Método de captación en filtro impregnado de 1-(2-piridil)piperazina/cromatografía líquida de alta resolución:  

Este método describe o procedemento para a determinación da concentración de vapores de diisocianato de 2,6-tolueno (2,6-TDI) nos lugares de traballo, mediante a captación en filtro de fibra de vidro impregnado dunha disolución de 1-(2-piridil) piperazina (1,2-PP) e análise, por cromatografía líquida de alta resolución (HPLC), da urea formada no proceso de captación. O método permite a determinación de 2,6-TDI a partir de 0,25 μg no filtro.

De acordo cos criterios establecidos na norma UNE-EN ISO 22065 (9.1) e no protocolo de validación do INSST (9.2), validouse o método para cantidades de 2,6-TDI nos filtros desde 0,50 μg ata 20 μg. Este intervalo comprende concentracións no ambiente de 2,6-TDI entre a décima parte e dúas veces o seu valor límite ambiental de exposición diaria (VLA-ED) cando o volume de mostraxe é de 240 litros, e concentracións de 2,6-TDI entre a metade e dúas veces o seu valor límite de curta duración (VLA-EC) cando o volume de mostraxe é de 15 litros (9.3).

Este método de toma de mostra e análise desenvolveuse para determinar a concentración media ponderada no tempo de 2,6-TDI no aire, en toma de mostras persoais e en lugares fixos. Por iso, pode ser utilizado para realizar medicións para comparar cos valores límite de exposición profesional e medicións periódicas (9.4 e 9.5).2. DEFI

 Ligazón á MTA/MA–067/A24 Determinación de diisocianato de 2,6-tolueno en aire - Método de captación en filtro impregnado de 1-(2-piridil)piperazina/cromatografía líquida de alta resolución - INSST 2024

 

A colección MTA –Métodos de toma de mostras e análise- comprende métodos seleccionados polo seu interese e aplicabilidade no campo da Hixiene Industrial, que foron desenvoltos de acordo coa normativa vixente para obter medicións cuxo obxecto é a comparación cos valores límite de exposición profesional

A colección de métodos atópase dividida en cinco apartados:

Criterios e recomendacións (CR)

Métodos ambientais (MA)

Métodos biolóxicos (MB)

Produtos industriais (PI)

Protocolos de validación (PV) 


Ligazón a toda a colección MTA

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS