Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Calculador e App: Atenuación dos protectores auditivos - Ano 2024

26-03-2024 - INSST

Esta aplicación calcula a atenuación do ruído que ofrece un protector auditivo cunha exactitude media-alta a partir dos valores H, M, L que adoitan aparecer no folleto do fabricante e dos niveis de ruído globais ponderados A e C obtidos a partir da medición do ruído ambiental.

Para determinar se un protector auditivo é acusticamente adecuado, será necesario estimar o nivel sonoro efectivo de exposición continuo equivalente ponderado A (L´Aeq,T), cando se utilice o protector nun ambiente caracterizado por un determinado nivel de presión acústica continuo equivalente ponderado A (LAeq,T), asociado ben á tarefa ou no seu caso á xornada laboral completa. Para iso, débense conxugar as características do ruído e os datos de atenuación dos protectores auditivos potencialmente adecuados. Para ruídos impulsivos a selección do protector está determinada, ademais, polo nivel de presión sonora de pico (LCpico).

Existen catro métodos distintos que permiten estimar o L´Aeq,T, aínda que cada un deles ofrece distintos graos de precisión e necesita dispoñer dunha información concreta para a súa aplicación. Estes son:

- Método de bandas de oitava.

 -Método HML.

 -Método de comprobación HML.

 -Método SNR.

No caso de que existan ruídos impulsivos ou fluctuantes con compoñentes impulsivas, ademais, haberá que comprobar o nivel de presión acústica de pico efectiva ponderada C (L’Cpico), para o que se dispón do seguinte método:

-Método destinado a determinar a atenuación dun protector auditivo para o nivel de pico.

Ligazón ao Calculador

Ligazón ao Acceso á aplicación para dispositivos con sistema operativo Android

Ligazón á aplicación para dispositivos con sistema operativo iOS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS