Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

App: Seguridade de prensas "vellas" (anteriores a 1995 sen marcado CE)

05-01-2022 - INSST

A aplicación permite comprobar o grao de cumprimento das disposicións pertinentes do Anexo I do Real Decreto 1215/1997 por parte de prensas mecánicas excéntricas "vellas" (anteriores a 1995 sen marcado CE) para traballar metais en frío de carga e descarga manual.

A aplicación comeza cun apartado de identificación da prensa en cuestión. A continuación, formúlanse as preguntas relativas ás 19 disposicións do Apartado I do Anexo I do Real Decreto 1215/1997.

O cuestionario, contén 125 preguntas, o cal non implica que haxa que responder a todas elas (por exemplo: a prensa carece dun determinado elemento esixible en todos os casos e non se profunda máis na cuestión; a prensa, entre distintas posibilidades, non dispón dun determinado elemento e por tanto non ha lugar a realizar preguntas posteriores sobre o seu estado, etc.).

No caso de disposicións non aplicables (N.A.) a prensas (por exemplo, superficies quentes ou frías, incendio, explosión, etc.) preséntase a disposición informando que non resulta de aplicación e nalgún caso unha breve observación.

Unha vez cumprimentado o cuestionario, indícase o nº de respostas correctas e incorrectas e xérase un informe de deficiencias detectadas con posible información de consulta.

Ligazón á aplicación para dispositivos con sistema operativo Android

Ligazón á aplicación para dispositivos con sistema operativo IOS

Ligazón a dispositivos con sistema operativo Microsoft

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS