Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

A prevención do estrés no traballo: lista de puntos de comprobación. OIT

03-03-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 37

O estrés laboral constitúe un dos riscos laborais máis importantes en moitos países, así como en diferentes sectores de actividade e lugares de traballo. Como é ben sabido son moitas as consecuencias negativas producidas polo estrés á nosa saúde, incluíndo as enfermidades circulatorias e gastrointestinais, outros trastornos físicos, transtornos psicosomáticos e psicosociais, así como unha baixa produtividade.

Hoxe por hoxe dende a prevención dos riscos laborais estase a facer un especial fincapé na necesaria mellora das condicións de traballo, especialmente no que atinxe á organización deste como elemento clave para reducir o estrés derivado dun deficiente deseño do mesmo, impulsándose a adopción de medidas prácticas e eficaces para facer fronte ás situacións de estrés derivadas dunha mala e desequilibrada organización do traballo.

Recentes estudos realizados pola OIT indícannos que existen puntos de comprobación que son de aplicación común para o estudo e a redución do estrés no traballo, doados de aplicar en diferentes situacións.

A presente Guía ten como obxectivo identificar e poder examinar diversos factores laborais relacionados co estrés. A mesma inclúe puntos de comprobación doados de aplicar para identificar estresores na vida laboral e a mitigación dos seus efectos nocivos. A intención é que os traballadores/as e os empregadores/as poidan utilizar os puntos de comprobación da presente Guía para detectar as causas de estrés no traballo e adoptar medidas eficaces para eliminar ou, no seu caso, reducir as mesmas.

Esta táboa de comprobación elaborada para dar resposta á crecente necesidade de adoptar medidas que contrarresten os problemas que causa o estrés no lugar de traballo, conta con 50 puntos de comprobación baseados na experiencia dos expertos que participaron na súa preparación e revisión para a posta en práctica de medidas de prevención eficaces fronte ao estrés nos lugares de traballo.

As accións de mellora suxeridas por estes puntos de comprobación tamén se basean nunha serie de principios básicos que demostraron ser viables e aplicables nos lugares de traballo; entre outros, a Guía fai referencia aos seguintes aspectos:

Ligazón ao artigo "A prevención do estrés no traballo: lista de puntos de comprobación. OIT" en formato imprimible

Ligazón á  "Lista de puntos de comprobacióN. OIT"

Ligazón ao  Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 37


No PDF adxunto tes este artigo en formato imprimible

Documentos

ARTIGO 2 BOLETÍN GALEGO 37.pdf
A prevención do estrés no traballo Lista de puntos de comprobación GALEGO.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS