Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

A EU-OSHA lanza o seu Tesauro multilingüe coa principal terminoloxía en materia de SST

24-03-2021 - EU-OSHA

A EU-OSHA pon a disposición o Tesauro multilingüe, que consiste nunha lista de termos sobre seguridade e saúde no traballo (SST) agrupados de forma xerárquica. A ferramenta contén tamén sinónimos e algunhas definicións e está xa plenamente integrada na Base de Datos Terminolóxica da Unión Europea (IATE).

Entre as funcións destaca a que permite buscar e navegar por case 2.000 termos relativos a  SST ou a que permite descargarse o Tesauro completo en formato Excel en calquera dos 25 idiomas da UE.

O  Tesauro desenvolveuse como un recurso máis do proxecto multilingüismo, que é unha pedra angular do traballo da  EU-OSHA para facer que os lugares de traballo europeos sexan máis seguros, máis saudables e máis produtivos.

Ligazón ao Tesauro da EU-OSHA

Ligazón ao Glosario de TME -EU-OSHA-

Ligazón ao Glosario de substancias perigosas -EU-OSHA-

Ligazón a IATE -European Union Terminology-

 

Dende a seguinte ligazón podes acceder ao noso Glosario de termos de prevención, saúde e ambiente laborais -Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG, .


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS