Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo volve para combatir os trastornos musculoesqueléticos no lugar de traballo

05-03-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Dende 2007, cando Napo presentou a súa película «Alixeira a carga» para aumentar a sensibilización sobre os trastornos musculoesqueléticos (TMEs) relacionados co traballo, a aínda elevada prevalencia deste grave problema de saúde en Europa inspirou a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo a presentar 6 novos videoclips, como sempre repletos de humor e bos consellos.

O traballo sedentario, os movementos  monótonos e repetitivos, a falta de actividade física e o levantamento de cargas pesadas son algúns dos factores de risco aos que se enfrontan  Napo, Napette e o Xefe á hora de deter ou reducir o sufrimento  musculoesquelético no lugar de traballo. A intervención temperá, as medidas preventivas tanto técnicas como organizativas, os equipos ergonómicos e a saúde  musculoesquelética dende a idade escolar sucédense dunha escena a outra para transmitir unha mensaxe sinxela: os TMEs relacionados co traballo pódense previr.

Ligazón a Napo en… Aligera la carga – 2021

Ligazón ao sitio web da campaña 2020-2021: Traballos saudables: relaxemos as cargas
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS