Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo para profesores

09-10-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, xunto co Consorcio Napo, elaborou unha serie de leccións sobre saúde e seguridade no traballo (SST) destinadas aos profesores, servíndose do popular personaxe Napo. O obxectivo é introducir aos alumnos de primaria na temática da seguridade e a saúde con criterios pedagóxicos, pero tamén dunha maneira divertida ou imaxinativa, utilizando os vídeos de Napo.

Para cada lección, definida ao redor dunha película/escena de  Napo, delimítanse os obxectivos en materia de aprendizaxe, e os profesores teñen a opción de levar a cabo diversas actividades, á vez que se lles dota dos recursos necesarios, así como de ideas para avaliar o rendemento dos estudantes. As leccións están concibidas para ser flexibles, encaixar e reforzar as materias actualmente integradas no currículo, e para axudar aos profesores e aos alumnos en clase.

Ligazón ao espazo Napo para profesores

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS