Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Publicacións CIG-Saude Laboral

Estudo da situación na Galiza da prevención dos riscos laborais nos talleres de reparación de chapa e pintura de vehículos automóbiles

31-10-2013 - Confederación Intersindical Galega - Metal -

Co fin de valorar cal é o grao de implantación das actividades asociadas á prevención de riscos laborais dos traballadores e traballadoras que desenvolven as súas tarefas profesionais nos talleres de reparación de chapa e pintura de automóbiles, este traballo analiza os postos de traballo, as tarefas que se levan a cabo en cada un dos postos, os equipos e produtos que se están a empregar, etc. Este estudo parte da elaboración dunha enquisa do estado de situación do sector; con este documento se visitaron talleres das catro provincias nos que se solicitou a colaboración dos traballadores e traballadoras para a súa cumprimentación.

Así  mesmo, se solicitou a colaboración do ISSGA para o estudo dos riscos químicos asociados a esta actividade, para o que se entregou conxuntamente coa enquisa anterior o cuestionario empregado polo ISSGA como ferramenta no proxecto “Mapa de risco químico de Galiza”.

No estudo podes ver os resultados obtidos da análise das enquisas, as conclusións e propostas de actuación.

Os anexos "Atmósferas explosivas" e "Cabinas de pintura" poñen fin a este traballo.

Documentos

CIG_METAL_ Estudo da situación na Galiza da prevención dos riscos laborais nos talleres de reparación de chapa e pintura de vehículos automóbiles.pdf
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS