Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Publicacións CIG-Saude Laboral

Avaliación biomecánica de TMEs das actividades profesionais de cobro en caixa. Posición sentada e ergueita.

31-10-2013 - Confederación Intersindical Galega - FGAMT -

Os TME son alteracións que sofren as estruturas corporais (músculos, articulacións, tendóns, ligamentos, nervios e ósos) con orixe no traballo e os efectos do entorno no que este se desenvolve. Afectan principalmente ao lombo, pescozo, ombro, cóbado, pulso e man, anque tamén poden afectar ás extremidades inferiores. Os principais síntomas son a dor, e a perda de amplitude, forza e resistencia ao realizar algúns movementos. Estes síntomas son de aparición lenta e aparentemente inofensivos, polo que soen ignorarse ata que se fan crónicos e aparece o dano permanente.

Estudo da situación na Galiza da prevención dos riscos laborais nos talleres de reparación de chapa e pintura de vehículos automóbiles

31-10-2013 - Confederación Intersindical Galega - Metal -

Co fin de valorar cal é o grao de implantación das actividades asociadas á prevención de riscos laborais dos traballadores e traballadoras que desenvolven as súas tarefas profesionais nos talleres de reparación de chapa e pintura de automóbiles, este traballo analiza os postos de traballo, as tarefas que se levan a cabo en cada un dos postos, os equipos e produtos que se están a empregar, etc. Este estudo parte da elaboración dunha enquisa do estado de situación do sector; con este documento se visitaron talleres das catro provincias nos que se solicitou a colaboración dos traballadores e traballadoras para a súa cumprimentación.

Estudo de prevención dos riscos laborais nos traballos “in misión” das empresas adicadas á montaxe, instalación e mantemento de ascensores e montacargas, liñas de B.T.  e A.T. e de redes telefónicas.

12-11-2012 - Confederación Intersindical Galega -METAL-

A Federación do Metal da CIG decide realizar este traballo co gallo de coñecer de primeira man como as empresas galegas adicadas á Montaxe, Instalación e Mantemento, nestas importantes áreas de actividade industrial como son a Alta e Baixa tensión, as Redes telefónicas e os ascensores e montacargas, están a realizar os “Traballos en Misión”.

A saúde laboral e a prevención de riscos no ensino

23-02-2012 - CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (ENSINO)

Manual básico no que se poden atopar conceptos básicos en materia de saúde laboral e prevención de riscos enfocado ao sector do ensino. A mellora do noso entorno laboral, a vixilancia da saúde, a avaliación dos riscos no sector docente, incluídos os psicosociais, e a posta en marcha das medidas correctoras, é o camiño cara unha vida laboral satisfactoria e un ensino público de calidade.

Riscos laborais no sector das autoescolas e a súa prevención

26-01-2012 - CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (ENSINO)

A presente publicación vai dirixida aos traballadores e traballadoras do sector das autoescolas no noso país, na convición que a seguridade e a saúde laboral é un dereito irrenunciable. Nesta publicación ofrécese unha esquemática información sobre conceptos básicos en materia preventiva, así como unha relación dos principais riscos identificados no sector segundo cada posto de traballo e as medidas preventivas asociadas aos mesmos, para a súa eliminación e/ou redución.

Estudio de riscos organizativos no sector da automoción. "Ritmos de produción".

14-09-2011 - CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (METAL)

O sector da automoción en Galiza emprega en Galiza arredor de 19.700 traballadores e traballadoras, dos que aproximadamente 8.000 pertencen á industria auxiliar de fabricantes de compoñentes. Ademais do enorme peso económico e social do sector do automóbil en Galiza, cabe sinalar o papel que desempeña na difusión de normas tecnolóxicas e organizativas en prol da eficiencia produtiva (just in time). Estes modelos organizativos e os seus ritmos de produción merecen unha análise dos riscos específicos e das súas repercusións nos traballadores e nas traballadoras, co fin de lograr un equilibrio entre a produtividade, o contorno e as condicións de traballo.

Guía de Prevención de Riscos Laborais no Sector da Enerxía Eólica

22-12-2010 - Confederación Intersindical Galega ( METAL )

O mundo está a medrar. Estímase que no 2050 seremos 9 000 mil millóns de habitantes na Terra. Compre moita enerxía para desenvolver unha sociedade moderna e probabelmente o consumo enerxético mundial se duplicará entre os anos 2002 e 2030. Isto esixe un recurso sostíbel que non xere gases de efecto invernadoiro, contaminación nin residuos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS