Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Prevención de riscos no emprego de nanomateriais

09-04-2014 - HIXIENE

O emprego de nanomateriais nos lugares de traballo é cada vez máis frecuente. Os efectos que para a saúde e o medio ambiente ten o seu uso nos lugares de traballo son pouco coñecidos e en moitos casos non hai estudos sobre este particular. Nesta nova relacionanse varias iniciativas sobre nanomateriais.

Ecotoxicoloxía dos nanomateriais


No marco do seu programa sobre seguridade dos nanomateriais artificiais,
a OCDE levou a cabo unha serie de reunións de expertos unha das cales
tivo lugar en Berlín do 29 ao 31 de xaneiro de 2013. No presente documento
recóllense as discusións mantidas sobre os ensaios que deben realizarse
en relación coa ecotoxicidad dos nanomateriais, un asunto importante
porque, aplíquense onde se apliquen, moitos destes materiais rematarán
no medio, polo que é importante coñecer os efectos que poden
producir nel.

Acceso ao documento "Ecotoxicology and Environmental Fate of Manufactured Nanomaterials: Test Guidelines" (84 páxinas, marzo 2014) 

 

Proxecto Nanogenotox

O proxecto Nanogenotox ten como obxectivo investigar os posibles efectos genotóxicos dos nanomateriais. Liderado pola ANSES francesa e con a participación doutras dezaseis institucións e cun presuposto de 6,2 millóns de euros, as súas actividades e resultados descríbense con detalle neste documento "Facilitating the safety evaluation of manufactured nanomaterials by characterising their potential genotoxic hazard" (60 páxinas, marzo 2013). Outras informacións poden obterse consultando a páxina web do proxecto. 

 

Información sobre nanomateriais e o seu rexistro: iniciativas en Dinamarca

O documento  "Information requirements for nanomaterials-IRNANO"  (100 páxinas, marzo 2013) ten como obxectivo presentar unha proposta de requirimentos de información sobre nanosubstancias (identidade, caracterización, propiedades fisicoquímicas, toxicidade, comportamento e ecotoxicidade) que nun estadio posterior poidan ser incorporados a un regulamento que esixa o rexistro de tales substancias, tal como xa se  introduciu en Francia e Bélxica.

Ao parecer as autoridades danesas estaban a preparar o terreo para a
creación do citado rexistro, para o cal iniciaron os trámites o 4 de xullo de
2013 mediante o lanzamento dunha consulta pública sobre un proxecto de
regulamento para a creación do rexistro. Algúns detalles do proxecto poden
consultarse (en inglés) nesta ligazón.

 

Fonte: ergaonline, INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS