Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Plataforma Dixital Interuniversitaria sobre o Futuro do Traballo

24-05-2018 - OIT

A OIT puxo en marcha a Plataforma Dixital Interuniversitaria sobre o Futuro do Traballo, unha ferramenta cuio obxectivo é promover o intercambio de análise, estudos e informes académicos sobre o Futuro do Traballo e facilitar a elaboración colectiva de documentos ao longo do próximo ano.

A Plataforma pretende servir como repositorio de documentos relacionados coa temática do Futuro do Traballo; facilitar un espazo para o intercambio de informacións a través das aulas virtuais; anunciar actividades académicas (xornadas, eventos ou seminarios) relacionados co Futuro do Traballo; recibir contribucións académicas sobre Futuro do Traballo que se presentarán no Congreso Interuniversitario de Sevilla, previsto para febreiro de 2019.

Ligazón á Plataforma Dixital Interuniversitaria sobre o Futuro do Traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS