Financiado por:
/ Recursos Técnicos

O ISSGA lanza unha guía para a prevención dos riscos de explosión co obxectivo de reducir estes sinistros laborais

18-09-2012 - ISSGA

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) vén de editar un manual para a prevención de riscos de explosións nas empresas. O documento pretende ser unha ferramenta de axuda para os profesionais da prevención que se atopan coa necesidade de elaborar un documento de protección fronte a estes riscos.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, presentou esta iniciativa que ten como complemento unhas táboas recollidas nun libro Excel coas diferentes variables que conforman os riscos de explosións.


Así, no documento realizase en primeiro lugar un inventario das sustancias, incluídas no libro Excel, que poden xerar unha atmosfera explosiva que é susceptible de ser aumentado con novas entradas recorrendo a calquera das “web” que incorporan no seu contido os devanditos parámetros.


A continuación e seguindo o proceso, identifícanse todas las situacións que poden xerar unha formación de atmosfera explosiva e que servirá posteriormente para determinar o tipo de zona que se produce en cada caso. Dita clasificación será a que determine la existencia ou non do risco.


Para o desenvolvemento da avaliación de riscos o autor utiliza o método RASE (Explosive Atmosfhere: risk assessment of unit operations and equipment) que conxuntamente cunhas táboas baseadas nun sistema simplificado de avaliación de riscos de accidente, realiza a interpretación dos parámetros de probabilidade e as súas consecuencias.


A través do libro Excel, realízase con posterioridade a planificación das medidas correctoras, tanto de prevención como de protección. Dentro deste apartado, tamén se establecen as medidas de tipo organizativo, como unha parte máis daquela, facendo unha ampla referencia as revisións e reparacións dos equipos instalados ou utilizados nas zonas clasificadas.


O autor inclúe os requisitos de formación que deben cumprir as persoas que realizan este tipo de actividade no que se refire ao coñecemento sobre os equipos e o seu marcado compatible coa zona clasificada onde se instalen.


Por último o autor incorpora o estudo de varias instalacións e procesos nos que se dan as circunstancias nas que aparecen atmosferas explosivas que permitirán ao profesional disipar determinadas dúbidas sobre a aplicación do manual.


A directora do ISSGA explicou que “os riscos de explosión poden facer a súa aparición en calquera actividade industrial na que se manipulen sustancias inflamábeis, xa sexan materias primas, produtos intermedios ou acabados e tamén en produtos residuais dos procesos de traballo”.


Quinzá-Torroja engadiu que “o seu control é vital xa que logo, as consecuencias da súa materialización poden ser de grandes proporcións e poden afectar gravemente a varios traballadores, a edificios propios ou alleos e incluso ao medio ambiente”.


Así indicou que desde 2010 houbo en Galicia 75 accidentes laborais rexistrados por explosións, dos que 62 foron leves, 9 graves, dous moi graves e outros dous mortais. Por provincias, 23 foron na Coruña, 13 en Lugo, 4 en Ourense e 35 en Pontevedra.


Por sectores de actividade, o máis afectado foi o sector servizos, con 30 accidentes; seguido do da construción, con 22 accidentes; e a industria, con 23.

Ir á ligazón do ISSGA.


Fonte de datos: ISSGA
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS