Financiado por:
/ Recursos Técnicos

O INSST pon a disposición o informe “Traballo con PVD: Riscos derivados do avance das TIC”

16-12-2020 - INSST-UNIR

Os singulares escenarios de traballo derivados do avance das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e da súa plena incorporación ao ámbito laboral fixeron necesario analizar as novas características dos postos de traballo que empregan pantallas de visualización de datos (PVD), así como as súas contornas laborais.

Xunto aos tradicionais usuarios de PVD cun único computador nunha contorna de traballo fixo, as novas formas de organización do traballo determinaron a conformación de novos usuarios de PVD e de novos dispositivos electrónicos con pantalla de visualización.

Estas novas formas de traballo que se apartan do clásico concepto anteriormente mencionado, son cada vez máis numerosas e presentan uns riscos específicos e diferenciados dos tradicionalmente ligados ao emprego de PVD.

Este documento é o resultado do traballo realizado pola Universidade Internacional da Rioxa (UNIR) no marco dun contrato subscrito co INSST cuxas dúas liñas de traballo principais foron:

Efectuar unha revisión sobre: a lexislación nacional e europea existente; os estudos empíricos que ofrecen unha panorámica xeral sobre o aumento do uso destes dispositivos e a súa repercusión na saúde e seguridade laboral; a literatura científica e profesional que analiza os principais TME e factores de risco asociados ao uso deste tipo de dispositivos.

Desenvolver un traballo de campo que permitise coñecer: os novos escenarios de traballo derivados do imparable avance das TIC; os principais dispositivos electrónicos que se empregan no contexto laboral e o seu patrón de uso; as consecuencias que provoca o emprego dos novos dispositivos electrónicos sobre a saúde da poboación traballadora; e as principais medidas preventivas que adoptan as organizacións (técnicas, organizativas e de información-formación).

Ligazón ao documento “Traballo con PVD: Riscos derivados do avance das TIC. Traballo líquido e risco emerxente nas sociedades da información”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS