Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Novo sitio web para informar sobre beneficios e riscos dos produtos químicos

19-03-2018 - EU-OSHA

A Axencia Europea de Produtos Químicos (ECHA) ven de poñer en disposición o sitio web "Produtos químicos na nosa vida" na que se ofrece información sobre o uso de produtos químicos e a lexislación da UE sobre este particular. O sitio web conta cunha sección de tendencias para novas relevantes e está conectado á base de datos de produtos químicos da ECHA.

Este sitio web nace en resposta da preocupación sobre o emprego cotián de productos químicos: Segundo un estudo do Eurobarómetro realizado en 2016 sobre 28.000 persoas de 28 países, un 65% amosaron estar preocupados por estar expostos a productos químicos perigosos.

Ligazón ao sitio web "Productos químicos na nosa vida"

Ligazón á base de datos da ECHA

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS