Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Nova ferramenta electrónica: avaliar e xestionar os riscos das substancias perigosas

29-05-2018 - EU-OSHA

A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición, dentro da campaña "Traballos saúdables. Alerta fronte a substancias perigosas", unha ferramenta electrónica sobre substancias e produtos químicos perigosos, coa intención de proporcionar ás empresas información e asesoramento que permitan avaliar e xestionar os riscos relacionados coa seguridade e a saúde.

Dirixida a pequenas e medianas empresas así como a empresas sen coñecemento específico de substancias perigosas, esta guía interactiva proporciona información  sobre riscos, etiquetaxe, lexislación, medidas de prevención, etc. Con base nun cuestionario, xera un informe adaptado a cada situación individual sobre o manexo de substancias perigosas, que inclúe recomendacións para a mellora no tratamento destas substancias.

Polo momento a ferramenta está dispoñible en inglés, á espera da implementación das versións noutras linguas prevista para os vindeiros meses.

Ligazón á ferramenta Substancias perigosas

Ligazón á sección web da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo sobre substancias perigosas

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS