Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Nanomateriais nos lugares de traballo. Recollida de información e medición da exposición

16-01-2019 - INSST

Os riscos derivados da exposición por inhalación a nanomateriais, do mesmo xeito que para calquera axente químico, avalíanse utilizando metodoloxías cuantitativas que poden complementarse coas metodoloxías cualitativas, especialmente cando a información toxicolóxica do axente químico é limitada e, por tanto, non se dispón de valores límite ambientais.

Para poder aplicar ambos os tipos de metodoloxías é necesario recoller de forma exhaustiva e ordenada toda a información relativa á situación de traballo analizada. A información para recompilar pode resultar moi extensa polo que é conveniente dispoñer dunha ferramenta que facilite dita recollida.

O cuestionario que presenta o INSST desenvolveuse como unha ferramenta de traballo para o técnico de prevención, co obxectivo de facilitar a recollida de información para, posteriormente, aplicar as metodoloxías cuantitativas e cualitativas que permitan avaliar a exposición por inhalación a  nanomateriales nos lugares de traballo.

Ligazón ao documento divulgativo "Nanomateriais nos lugares de traballo. Recollida de información e medición da exposición"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS