Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Mobilización de persoas con capacidade reducida

25-04-2019 - ISSGA

Con esta acción formativa se proporcionan os principios básicos para a mobilización de persoas que permita evitar os trastornos musculoesqueléticos derivados desta actividade, mantendo unha postura axeitada, con diferentes técnicas de mobilización segundo a situación así como as axudas técnicas que nos facilitan a dita mobilización.

A información se distribúe en tres eixes fundamentais: os principios básicos da mobilización de persoas, as técnicas de mobilización e as axudas técnicas para facilitar a mobilización.

É importante valorar o espazo e os medios dispoñibles, o estado da persoa que se vai atender, utilizar roupa e calzado axeitado ou mesmo manter unha boa forma física para evitar posible lesións.

Nos documentos se indica cal é a posición correcta para mobilizar ás persoas que o precisan, se dan as pautas para incorporalas na cadeira, sentalas á beira da cama e mesmo para pasalas da cama á cadeira de rodas.

Tamén se dan orientacións para elixir unha axuda adecuada e planificar a mobilización para reducir o risco de sufrir unha lesión de costas: táboas de transferencia, disco, guindastre, téxtil de transferencia, ...

Ligazón ao tríptico e aos carteis

Fonte: ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS