Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Manual do recurso preventivo

03-10-2012 - OSALAN

A reforma da Lei 31/1995, do 8 de novembro, levada a cabo na Lei 54/2003, de 12 de decembro, crea a figura dos «Recursos Preventivos» e incorpora un novo concepto en materia de organización da prevención de riscos laborais, instaurando a súa presenza en determinados supostos e situacións de especial risco e perigosidade, como medida reservada a aqueles casos nos que a experiencia acumulada evidencia a concentración de maior sinestralidade.

Esta incorporación implicou unha modificación substancial sobre a forma de organizar a prevención na empresa, por canto a figura do Recurso Preventivo non só amplía a tipoloxía de «prevencionistas» que coñeciamos ata o momento, senón que outorga a este a función principal da vixilancia do cumprimento da actividade preventiva que se planificou para determinados riscos ou situacións.


A información que recolle este manual está baseada na normativa existente relativa ao Recurso Preventivo e nas aclaracións realizadas por La Dirección General de Inspección de Traballo e Seguridade Social no Criterio técnico, nº 83/2010 sobre a presenza de Recursos Preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo.


Esta información, en calquera caso, debe ser cumprida coas instrucións e normas específicas elaboradas pola empresa.

 

CONTIDO:

. Conceptos básicos sobre o Recurso Preventivo.

. Que é un Recurso Preventivo.

. Cando é necesaria a presenza do Recurso Preventivo.

. Quen pode actuar como Recurso Preventivo.

. Que capacitación e formación preventiva debe ter un Recurso Preventivo.

. Funcións, facultades e garantías do Recurso Preventivo.

. Responsabilidades do Recurso Preventivo.

. Cantos Recursos Preventivos debe ter unha empresa.

. Onde debe situarse o Recurso Preventivo.

. O Recurso Preventivo na coordinación de actividades empresariais.

. O Recurso Preventivo nas obras de construción.

. Documentación e Rexistros na xestión do Recurso Preventivo.

. Infraccións en materia de Recursos Preventivos. Anexos.

. Listado indicativo de actividades, procesos e operacións que poden dar lugar á presenza de Recursos

  Preventivos.

. Acta do nomeamento de Recurso Preventivo.

. Acta de asignación de presenza.

. Modelo de planificación da actividade preventiva.

. Rexistro de vixilancia da situación que require presenza do Recurso Preventivo. Referencias legais e de

  interese.

. Fichas de información para o Recurso Preventivo.

 

Enlace ao "Manual do recurso preventivo"

 

Fonte: OSALAN

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS