Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Manual de seguridade en instalación eléctricas de baixa tensión

17-08-2018 - ICASEL

Aínda que os accidentes eléctricos non son moi frecuentes, a súa taxa de gravidade é considerablemente alta. De aí o interese deste Manual de seguridade en instalacións eléctricas de baixa tensión, que se elaborou por iniciativa da Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Emprego, Políticas, Sociais e Vivenda do Goberno de Canarias e que se enmarcou dentro do Plan de actuación para o bienio 2015-2016 do Instituto Canario de Seguridade Laboral (ICASEL), órgano técnico adscrito ao referido centro directivo.

Trátase dun amplo e rigoroso documento técnico elaborado por un experto profesional no risco eléctrico, coa colaboración de técnicos do  ICASEL. Nel desenvólvense tanto os conceptos básicos do risco eléctrico, como a análise e interpretación do mesmo no ámbito laboral a través da normativa eléctrica legal e técnica, vixente a data de edición (2016) polo que constitúe unha achega de interese para todos os técnicos de prevención.

Ligazón ao "Manual básico de seguridade nas instalacións eléctricas de baixa tensión"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS