Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Manual de bioseguridade no laboratorio

10-11-2014 - OMS

O libro aborda os aspectos da seguridade e a protección biolóxica que se formulan no novo milenio. Esta publicación recalca en toda a súa extensión a importancia da responsabilidade persoal. Inclúe unha serie de novos capítulos que se ocupan da avaliación do risco, o uso das tecnoloxías de ADN recombinante en condicións de seguridade e o transporte de material infeccioso.

O libro está estruturado en nove apartados que inclúen Directrices en materia de bioseguridade:

  1. Bioprotección no laboratorio
  2. Equipo de laboratorio
  3. Técnicas microbiolóxicas apropiadas
  4. Introdución á biotecnoloxía
  5. Seguridade química e eléctrica e protección contra incendios
  6. Organización e formación en materia de seguridade
  7. Lista de comprobación da seguridade
  8. Referencias e anexos con primeiros auxilios, inmunización de persoal, centros colaboradores da OMS en materia de bioseguridade, seguridade do material, substancias químicas perigos e precaucións.

Polo tanto, a edición que se presenta reúne a información necesaria para que se tome como referencia e condución naqueles laboratorios que acepten o reto de elaborar e establecer políticas de seguridade con relación á seguridade e bioseguridade.

Edita: OMS (Organización Mundial da Saúde)

"Manual de bioseguridade no laboratorio"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS