Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Mantemento no sector agrícola e gandeiro: condicións de traballo e causas de accidentabilidade

24-08-2018 - INSSBT

No sector agrícola e gandeiro é moi habitual o automantemento, é dicir, a asunción das tarefas de mantemento por traballadores de produción, en vez de por traballadores especializados. Este é un dos sectores que implica máis actividades perigosas. En termos de accidentes laborais, os traballadores agrícolas sofren 1,7 veces máis a taxa media de accidentes non mortais e 3 veces máis a taxa media de accidentes mortais.

As principais causas de accidentes están relacionadas con: vehículos de transporte e máquinas automotrices (atropelo ou envorco); caídas de altura (a través dos teitos fráxiles, de árbores, etc.); golpes por movemento ou caída de obxectos (balas, árbores, etc.); atrapamientos por desprendemento ou envorco; manexo e contacto co gando; asfixia/afogamento.

Moitas das causas anteriores están relacionadas, á súa vez, con tarefas de mantemento propiamente ditas ou con fallos ou avarías derivadas dun incorrecto, incompleto ou inexistente mantemento. A pesar de que o mantemento é fundamental nas empresas, os riscos que leva son numerosos e raramente son tidos en conta e outras veces nin sequera son informados.

Este estudo trata de facer un diagnóstico da situación que existe a este respecto neste sector, obtendo datos de sinistralidade e estudando as causas principais, ademais de achegar recomendacións para eliminar ou diminuír estes riscos.

 Ligazón ao domumento: "Mantemento no sector agrícola e gandeiro: condicións de traballo e causas de accidentabilidade".

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS