Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Método para a avaliación e xestión de factores psicosociais en pequenas empresas

26-05-2020 - INSST

O INSST pon a disposición este documento técnico deseñado principalmente para microempresas e pequenas empresas de ata 25 traballadores/as e de forma especial a aquelas nas que o empresario/a asume persoalmente as actividades preventivas; proporciona explicacións e apoio para guiar ao avaliador ao longo do proceso, centrándose nos 10 factores de risco máis xenéricos, permitindo establecer medidas concretas de modificación das condicións de traballo.

As empresas medianas, pequenas e moi pequenas (pemes e  microempresas) son esenciais tanto para a economía estatal como para a europea. Distintas institucións estatais e europeas sinalan as especiais dificultades que as pequenas empresas teñen para a abordaxe dos riscos laborais en xeral e dos psicosociais en particular sendo relevante a falta de ferramentas metodolóxicas dirixidas especialmente a  microempresa e pemes.

Precisan de ferramentas de avaliación operativas pero, á súa vez, sinxelas e prácticas, que cubran as dificultades xerais das pequenas empresas e que, á súa vez, aproveiten algunhas vantaxes específicas que se derivan do seu reducido tamaño e que facilitarían o levar a cabo unha xestión eficaz.

O “Método para a avaliación e xestión de factores psicosociais en pequenas empresas” está deseñado principalmente para  microempresas e pequenas empresas de ata 25 traballadores e de forma especial a aquelas nas que o empresario asume persoalmente as actividades preventivas. Por iso, estrutura o proceso de avaliación e xestión en 10 fases, proporciona explicacións e apoio para guiar ao avaliador ao longo do proceso, céntrase nos 10 factores de risco máis xenéricos e permite establecer, finalmente, medidas concretas de modificación das condicións de traballo. Todo iso respectando os seguintes principios:

-  Simplicidade na súa aplicación;

-  Consonancia cos modelos de xestión dos factores psicosociais en Europa (PRIMA-EF);

-  Os factores de risco contemplados polas principais clasificacións de factores de risco psicosocial;

-  Enfoque participativo.

Ligazón ao “Método para a avaliación e xestión de factores psicosociais en pequenas empresas”

Información de interese:

Aspectos psicosociais fronte ao COVID-19. Recomendacións preventivas para empresas con actividade presencial. -INSST-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS