Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Liderar dende a seguridade e a saúde. Manual práctico

19-07-2018 - FREMAP

Este manual práctico apóiase na análise dos sistemas utilizados polas empresas para o sostemento da cultura da prevención e a súa integración nos procesos produtivos.

As políticas desenvolvidas en materia de prevención de riscos laborais durante as últimas dúas décadas, traducíronse nunha considerable diminución da sinistralidade laboral no Estado, aínda que, aínda queda pendentes importantes retos aos que dar solución.

Nesta liña FREMAP elaborou este Manual fundamentado na continua análise dos sistemas utilizados polas empresas para o sostemento da cultura da prevención e a súa integración nos procesos produtivos, análises que concluíron que para seguir avanzando cara á consecución de centros de traballo seguros e saudables faise imprescindible “Liderar dende a Seguridade e a Saúde”.

A mellora dos niveis de seguridade e saúde na empresa require un alto nivel de compromiso de todos os implicados, que só se pode conseguir dende actitudes positivas, xeradoras de comportamentos seguros en contornas saudables.

A través deste Manual preténdese promover a asunción desta filosofía por parte das empresas, que máis aló do cumprimento legal e formal das súas obrigacións, desexen liderar un cambio no seu modelo de xestión para traballar a seguridade e a saúde dos seus traballadores dende o liderado e dende unha perspectiva de excelencia empresarial.

O presente manual foi desenvolvido dende a área de Prevención de  FREMAP por D. Antonio Miguel Alfonso López, consultor experto en Liderado, e as súas investigacións ao longo dunha dilatada actividade profesional.

Achegamos o texto completo do Manual: “Liderar dende a Seguridade e a Saúde”.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS