Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Intervención ergonómica en centros hospitalarios: Casos prácticos

03-04-2018 - INSSBT

Nesta publicación do INSSBT móstranse casos de análises e intervención ergonómica sobre: o deseño do posto de traballo, a avaliación da carga física en tarefas e situacións concretas, actuacións en pantallas de visualización de datos en quirófanos, reformas de locais para mellorar condicións ergonómicas, etc.

No ano 2013, o INSSBT publicou un libro que recollía diferentes intervencións ergonómicas no sector hospitalario co obxectivo de que as mesmas puidesen servir de guía en situacións similares noutros centros hospitalarios e, desta forma, reducir a prevalencia de trastornos musculoesqueléticos no sector sanitario.

Coordinado pola Unidade de Ergonomía e Psicosociología do centro Nacional de Condicións de Traballo, este novo texto que presenta o INSSBT, «Intervención ergonómica en centros hospitalarios: casos prácticos», recolle novos traballos sobre intervencións ergonómicas nestes centros.

Aínda que os casos adoitan centrarse en condicións de traballo que poden comportar posibles trastornos musculoesqueléticos, o abanico de situacións é moi heteroxéneo.

Móstranse casos de análises e intervención ergonómica sobre: o deseño do posto de traballo, a avaliación da carga física en tarefas e situacións concretas, actuacións en pantallas de visualización de datos en quirófanos, reformas de locais para mellorar condicións ergonómicas, etc.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS