Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Identificación, avaliación e prevención do risco de carga física na pesca. Modalidade de arrastre

27-09-2017 - INSHT

O INSHT publicou en 2016 un Documento Técnico sobre a “Identificación, avaliación e prevención do risco de carga física na pesca. Modalidade de cerco”. Como continuación a ese estudo, publica o documento actual orientado nesta ocasión á modalidade de arrastre, coa finalidade de proporcionar por unha banda unha serie de orientacións para a identificación e avaliación dos riscos de carga física na pesca de arrastre, principalmente en embarcacións menores de 24 metros de eslora, e, por outra banda, propoñer un conxunto de medidas e de boas prácticas destinadas á prevención deste tipo de riscos.

No citado documento de cerco, xa se indicaba que un dos principais problemas asociados á actividade vén dado polos elevados requirimentos físicos, atopando todo tipo de riscos asociados aos mesmos, dende a necesidade de aplicar forzas importantes, ata a adopción de posturas inadecuadas e en moitas ocasións mantidas, así como a realización de movementos repetidos durante parte da xornada.

A todo iso hai que engadir a existencia doutros factores de risco dos que se coñece a súa participación na aparición de lesións asociadas á carga física tales como as condicións ambientais, que no caso da pesca son moi variables e poden chegar a ser extremas, os propios movementos da embarcación que en ocasións poderían ser bastante bruscos, etc.

Ligazón ao documento "Identificación, avaliación e prevención do risco de carga física na pesca. Modalidade de arrastre"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS