Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Xa están dispoñibles as primerias NTP da serie nº 31 do presente ano 2016

22-08-2016 - INSHT

O INSHT publicou recentemente a serie 31, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 1066 a 1077.

Xa están dispoñibles as primeiras doce Notas Técnicas de Prevención (NTP’s) correspondentes á Serie 31ª, números do 1066 á 1077. Nesta primeira ducia de NTP’s atopamos dous que nos falan das Obras de construción, unha sobre Vibracións, dúas sobre Cimbras, catro sobre Axentes químicos, unha sobre Peiraos de carga e descargas, unha sobre Produtos cosméticos e unha sobre Guindastres móbiles autopropulsadas.

A continuación listamos as NTPs dispoñibles para descarga, facendo click no número:

NTP 1066: Seguridade inherente: rutas de síntese e deseño de procesos

NTP 1067: Pulverizador de produtos fitosanitarios: requisitos de inspección

NTP 1068: Vibracións: alternativas para avaliar o risco de vibracións. Estimación

NTP 1069: Cimbras montadas con elementos prefabricados (I): normas construtivas

NTP 1070: Cimbras montadas con elementos prefabricados (II): montaxe e utilización

NTP 1071: Xestión da seguridade e saúde en obras sen proxecto (I): nun centro de traballo con distinta actividade

NTP 1072: Xestión da seguridade e saúde en obras sen proxecto (II): nunha comunidade de propietarios

NTP 1073: Axentes químicos: xornadas de traballo non convencionais. Modelo farmacocinético

NTP 1074: Produtos cosméticos: marco normativo e prevención de riscos laborais

NTP 1075: Formaldehído: exposición en plantas de tratamento mecánico biolóxico de residuos

NTP 1076: Peiraos de carga e descarga: seguridade

NTP 1077: Guindastress móbiles autopropulsadas: seguridade

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS